DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Comezan as actuacións de teatro na rúa da man da londinense Abigail Collins

No Centro Comercial da Cidade Universitaria a partir das 14:00 horas

Etiquetas
  • Vigo
  • Cultura
DUVI DUVI 29/10/2007
A programación de teatro na rúa volve este martes á Cidade Universitaria coa actuación da londinense Abigail Collins que, co espectáculo “Un femme Exposée”, dará un toque peculiar a visita daqueles que nese momento pasen ou que xanten no Centro Comercial.
A actuación, prevista para as 14.00 horas, introducirá ao público na historia dunha diva vida a menos que perdeu amante e riqueza, Madam Chou Chou. Convertida nunha vagabunda, sen fogar, está convencida de que o espectáculo debe continuar e, aí, é onde intervén Abigail Collins e a súa imaxinación. A acrobacia, a canción, a danza e a actuación do público van ser os piares sobre os que se asente o espectáculo.
Collins, dende o seu debut en 1995, recorreu boa parte de Europa, Asia e Australia, onde foi dúas veces gañadora do premio “Mellor Artista de Rúa” no Campus Activities Victoria.