DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Para facilitar a preparación dos exames do primeiro cuadrimestre

Comezan os horarios especiais de apertura das bibliotecas

A partir deste sábado abrirán durante as fins de semana e tamén se ampliarán polas noitas

Etiquetas
  • Estudantes
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI 29/11/2024

Coa proximidade do Nadal e co remate do primeiro cuadrimestre cada vez máis preto, a Biblioteca Universitaria pon en marcha o seu plan de apertura especial de horarios. A partir desta fin de semana as bibliotecas centrais de Vigo, Ourense e Pontevedra e a de Torrecedeira en Vigo estarán a disposición do alumnado tamén nas fins de semana e festivos e, entre semana, contarán cun horario ampliado polas noites. 

Fin de semana e festivos

A apertura das bibliotecas nas fins de semana comezará este sábado 30 e alongarase ata o 19 de xaneiro. Neste período, a Biblioteca Central de Vigo, a de Torrecedeira e as Centrais de Pontevedra e Ourense abrirán de 09.00 a 21.00 horas todas as fins de semana ademais dos festivos do 6 de decembro e 6 de xaneiro, non así os días 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro, xornadas nas que permanecerán pechadas.

Durante estes horarios de fin de semana as bibliotecas só prestan un servizo de espazo de estudo, pero non outros servizos ordinarios como préstamo, préstamo interbibliotecario, acceso a recursos electrónicos, etc.

Aperturas nocturnas

Para facilitar a preparación dos exames, as bibliotecas tamén amplían os horarios de luns a venres, durante os meses de decembro e xaneiro. Así, a Biblioteca de Torrecedeira, a Central de Ourense e a Central de Pontevedra abrirán de luns a venres (agás o festivo do 6 de decembro) dende as 08.30 horas ata as 23.00 horas, dende o 9 ao 20 de decembro de 2024 e dende o 8 ao 17 de xaneiro de 2025.