DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Segundo Augusto González estivo na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

O conselleiro responsable en Relacións Internacionais da Dirección Xeral de Industria de Defensa e Espazo da Comisión Europea visita o campus

Puido coñecer as instalacións e actividade deste centro

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • TIC
  • Institucional
DUVI Ourense 08/04/2021

A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense recibiu este xoves a visita de Segundo Augusto González, conselleiro responsable en Relacións Internacionais da Dirección Xeral de Industria de Defensa e Espazo, da Comisión Europea. Con el estiveron o director e subdirector da escola, Humberto Michinel e Higinio González; Miguel Ángel Michinel, secretario xeral da Universidade de Vigo, e Elena Rivo, comisionada de Coordinación Institucional da UVigo. Os responsables da escola agradeceron esta visita privada e foron os encargados de amosar a Segundo Augusto González as instalacións académicas e de investigación que ten este centro no edificio do Campus Auga. Tamén explicaron ao visitante as principais liñas de traballo e proxectos que están desenvolvendo e amosaron o seu interese en proxectos da Dirección Xeral de Industria de Defensa e Espazo, como o Programa Europeo de Observación da Terra (Copernicus) e o sistema mundial de navegación por satélite europeo (Galileo).