DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Conferencia de Antonio Garrido

Continúa o Memorial Filgueira Valverde con "Fabulacións na pintura de Laxeiro"

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Cultura
DUVI 30/10/2007
DUVI | Pontevedra
Os actos de celebración do VI Memorial Filgueira Valverde, que este ano se dedica á figura de Laxeiro, continúan este mércores a partir das 19:30 horas da man de Antonio Garrido, membro da Universidade de Santiago de Compostela que impartirá a conferencia titulada "Fabulacións na Pintura de Laxeiro".Trala conferencia de Javier Pérez Buján, membro da Fundación Laxeiro, os actos continúan hoxe co turno de Antonio Garrido, procedente da Universidade de Santiago de Compostela, que nunha conferencia tocará o tema “Fabulacións na pintura de Laxeiro”. Esta conmemoración, que cada ano enxalza a un artista da nosa terra, terá como colofón final o concerto que este mércores ofrecerá a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra no auditorio do Centro Social de Caixanova a partir das 20:30 horas.

A edición deste ano do Memorial Filgueira Valverde está dedicada ao creador Xosé Otero Abeledo, máis coñecido como Laxeiro. O motivo que xustifica esta elección é a proximidade vital e cronolóxica entre o polígrafo pontevedrés do que toma o seu nome a Cátedra e o artista que, enmarcado na xeración precedente á Guerra Civil, contribuiu á renovación da nosa plástica.