DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A cita tivo lugar esta fin de semana na cidade lusa

O coro do campus participou no XVI Encontro de Coros Universitários de Braga

Organizado pola formación coral da Universidade do Minho

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Internacional
  • Música
  • Visitas
  • Cultura
DUVI Ourense 30/05/2023

O coro universitario do campus de Ourense Schola Cantorum, dirixido por Ruth González e formado por máis dunha trintena de persoas, uniuse esta fin de semana á celebración na cidade lusa de Braga do XVI Encontro de Coros Universitários, organizado polo Coro Académico da Universidade do Minho (CAUM). A cita tivo lugar na noite do sábado no Auditório Adelina Caravana, do Conservatório de Música Calouste Gulbenkian de Braga, con entrada de balde. Esta edición, o encontro estivo integrado no Intercâmbio Nacional de Coros organizado entre o CAUM, o Coro Médico de Lisboa (CML, da Associação Coro e Orquestra Médicos de Lisboa) e o Orfeon Académico de Coimbra (OAC), sumándose á súa participación a do coro do campus de Ourense. Cada formación coral interpretou varias pezas para o público presente para rematar cunha actuación conxunta.