DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O grupo de Xoel López encheu o Teatro da Cidade Universitaria

Deluxe marca o inicio da programación cultural co “Fin de un viaje infinito”

Etiquetas
  • Vigo
  • Cultura
Mª del Carmen Echevarría DUVI 24/10/2007

Tras meses de xira, Deluxe recalou no Teatro da Cidade Universitaria co seu Fin de un viaje infinito, un traballo no que priman as letras, os sentimentos...en definitiva, a beleza das cancións.
O concerto, que abriu a programación cultural da Universidade de Vigo para o primeiro cuadrimestre, encheu o Teatro Universitario, con decenas de estudantes que se deron cita para disfrutar da música do grupo que lidera Xoel López.

Un concerto "moi interesante"

O músico coruñés aseguraba que actuacións como esta no campus “son moi interesantes para os artistas, aínda que a priori se dirixan xa un público, cunha idade comprendida entre os 16 e os trinta e tantos, que, en principio, tería como destinatario a música de Deluxe”. Ademais para Xoel López, tocar a partir das 18:30 horas, considera que “serve para romper a rutina dun grupo que temos fama de tocar sempre moi tarde”.Despois dunha xira de varios meses por escenarios de España, Deluxe viaxará a varios países de América do Sur, para regresar en decembro de novo a España para seguir as actuacións.
Referencia no panorama do pop nacional desde a publicación do seu primeiro traballo en 2001, Deluxe, volveu deixar mostra neste concerto ofrecido no campus vigués, da rotundidade do seu directo a través da interpretación de temas do seu último disco, pero tamén de traballos anteriores.
A programación cultural da Universidade de Vigo continuará o día 30 coa actuación do grupo de teatro Abigail Collins que representará no Centro Comercial a obra Une femme exposeé