DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A través dun convenio coa Universidade, aprobado hoxe pola Xunta de Goberno do ente provincial

A Deputación destina 100.000 euros a fomentar a mobilidade internacional do alumnado 

Outorgaranse 100 bolsas de 1000 euros a estudantes participantes no programa Erasmus+

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Asociacións de Estudantes
  • Internacional
  • Institucional
DUVI 07/03/2019

Promover a participación do alumnado da Universidade de Vigo en programas de mobilidade internacional, co obxecto de contribuír á formación integral do alumnado e a súa “adaptación ás esixencias dun mundo global onde tamén o mercado laboral é global” constitúe, segundo apuntou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o obxecto principal do convenio de colaboración para a promoción da mobilidade do estudantado entre a institución provincial e a académica que este xoves foi aprobado pola Xunta de Goberno do ente provincial. A través deste acordo, que se impulsa por terceiro ano consecutivo, a institución provincial destina unha contía de 100.000 euros a unha iniciativa que permitirá o financiamento de 100 bolsas de 1000 euros, dirixidas a complementar as achegas das bolsas dos programas Erasmus+ Estudos e Erasmus+ Prácticas, así como as bolsas propias de intercambio da Universidade.

Concretamente, explicou Silva, este convenio permitirá financiar 80 bolsas para os e as participantes no programa Erasmus+ Estudos, dez para os e as seleccionados no Erasmus+ Prácticas e outras dez para os beneficiarios e beneficiarias das bolsas propias da institución académica.