DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O xoves ás 19.00 horas co gallo do inicio do ciclo de conferencias 'Diálogos con ….'

'La deuda pública en España, ¿y ahora qué?', relatorio do economista Daniel Fuentes na Facultade de Comercio

Fuentes é licenciado pola UVigo e traduciu o castelán varias obras de Thomas Piketty

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Académica
Mª del Carmen Echevarría Figueroa DUVI 27/09/2022

O ciclo de conferencias Diálogos con… do programa UVigo Leadership School retomará a actividade o vindeiro xoves día 29 de setembro cun relatorio do doutor en Ciencias Económicas, docente de Teoría Económica na Universidad de Alcalá e director da Área de Research de KREAB España, Daniel Fuentes. La deuda pública en España, ¿y ahora qué? é o titulo do relatorio que Fuentes ofrecerá a partir das 19.00 no salón de actos da Faculta de Comercio da UVigo e que tamén poderá seguirse en liña, previa inscrición.

Daniel Fuentes, que falará este xoves en Vigo da problemática da débeda pública en España e a súas consecuencias para a economía do país, será o encargado de reiniciar as actividades do programa de liderado UVigo Leadership School, que ten o obxectivo de contribuír a crear un ecosistema de coñecemento entre universidade e empresa e que conta con patrocinio da Fundación Banco Sabadell. Doutor en Ciencias Económicas pola Universitté Paris-Nanterre, Fuentes é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola UVigo, con dobre especialidade en economía pública e privada. Investigador no INRA e na OCDE Paris, é autor dunha vintena de traballos académicos publicados en revistas como Applied Economics, Applied Economic Letters, Ecological Economics, International Journal of Ecological Economics and Statistics, Revista de Economía Aplicada e Información Comercial Española.

Profesor nas universidades de Vigo, Zaragoza ou Paris- Sorbonne Nouvelle, traballou como economista sénior no Banco de Francia e traduciu ao español as obras do economista galo Thomas Piketty como Capital e ideoloxía, Viva o socialismo e Unha breve historia da igualdade. Daniel Fuentes é ademais colaborador habitual de medios como a Cadena SER  e o diario El País.