DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O 10 de novembro na Facultade de Comercio dentro do ciclo ‘Diálogos con…’

A directora da división de análise económica da AIReF impartirá un relatorio sobre as perspectivas da economía española 

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Académica
DUVI 08/11/2022

Dentro do ciclo Diálogos con... do programa UVigo Leadership School, a directora da División de análise económica da AIReF (Autoridad Independiente de Responsabilidad Fiscal), Esther Gordo, impartirá o vindeiro xoves 10 de novembro, ás 19.00 horas, na Facultade de Comercio, unha conferencia titulada ¿Lo peor está por llegar?. Perspectivas Económicas de la Economía Española. Para asistir ao relatorio, que chega semanas despois da presentación por parte do Goberno central dos orzamentos do Estado para o ano 2023, sobre os que AIReF sinalou “que detectaba carencias notables e alertaba da súa debilidade como instrumento clave de política económica”, cómpre inscribirse previamente. Unha vez finalizada a conferencia, celebrarase un debate. 

Na AIReF, Gordo é a encargada de dirixir e coordinar a análise da situación económica de España e da elaboración das proxeccións macroeconómicas a curto e medio prazo, as proxeccións demográficas, a análise da sostibilidade da débeda e o seguimento do marco de supervisión fiscal europeo. Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidad Complutense de Madrid, Gordo empezou a súa carreira profesional en 1990 como economista da Dirección General de Economía y Estadística del Banco de España, analizando a situación da economía española y posteriormente foi nomeada xefa de División da Área del euro nesta institución. En marzo de 2020 integrouse no equipo de la AIReF e ao longo destes anos especializouse na análise da situación económica de España e da área do euro, representando ao Banco de España e á AIReF en diversos grupos de traballo do Banco Central Europeo, a OCDE e a Comisión Europea. Esther Gordo publicou artigos sobre finanzas públicas, no marco de gobernanza fiscal europea o da globalización das relacións comerciais.