DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A distinción é compartida coa Edar de Vigo e as instalacións de Finsa en Santiago

O edificio do Campus da Auga, galardoado nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia

O deseño está asinado por Alfredo Freixedo e Pedro Diéguez

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Arte
  • Premios
  • Institucional
DUVI Ourense 24/09/2018

O edificio do Campus da Auga, inaugurado o pasado 6 de xuño, foi un dos galardoados na segunda edición dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia, promovidos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia. O primeiro premio na categoría de Arquitectura foi compartido por este edificio, a Edar de Vigo e as instalacións de Finsa, en Santiago.

O deseño do edificio do Campus da Auga foi realizado por Oikos Estudio e estivo asinado por Alfredo Freixedo, Pedro Diéguez xunto a Mª del Carmen Rodríguez, Raquel González, Francisco Javier López e Daniel Carvajal. A construción, financiada pola Xunta de Galicia, correu a cargo de Obras e Servizos Gómez Crespo e desenvolveuse desde o verán de 2016 ata finais de 2017. A nova instalación, de tres plantas e máis de 3500 metros cadrados, contará con doce laboratorios de investigación e catro laboratorio da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e no seu deseño fíxose fincapé na súa sustentabilidade.