DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O acto tivo lugar entre os edificios de Ferro e Politécnico

Educación e Traballo Social garda un minuto de silencio polos estudantes falecidos en Huelva

Estivo aberto aos membros da comunidade universitaria

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Institucional
DUVI Ourense 01/02/2023

A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense gardou este mércores un minuto de silencio polos tres estudantes falecidos en Huelva no incendio do piso no que vivían. Alumnado e profesorado do centro quixo así “trasladar o noso pesar por tan triste perda”, lembrando que as persoas falecidas estudaban na Facultade de Traballo Social da Universidad de Huelva. O acto, que tivo lugar entre os edificios de Ferro e Politécnico, foi convocado polo Grao en Traballo Social da facultade e estivo aberto á asistencia dos membros da comunidade universitaria que se quixeron unir a esta lembranza.