DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Na tempada 2021 os tres equipos absolutos xogarán nas máximas categorías

O equipo masculino B de tenis clasifícase para disputar a final do campionato galego por equipos primeira división

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Deportes
DUVI 14/09/2020

Os dous equipos masculinos de tenis da UVigo disputaron a pasada fin de semana as semifinais de prata e primeira división obtendo acadando en ambos casos o ascenso ás divisións ouro e prata, de xeito que na tempada 2021 os tres equipos absolutos xogarán nas máximas categorías: Feminino Ouro, Masculino A Ouro e Masculino B Prata. 

O sábado, o equipo B, lograba clasificarse para a final tras derrotar ao Tenis A Rua nun axustadísimo encontro, empatando a un punto, ambos equipos lograban gañar dous individuais e un dobres, grazas a Alejandro Vega, que aínda tras perder, conseguía gañar o primeiro set, o que lles daba a vitoria ao sumar o numero de sets. Comezaron xogando o 4 e 3, Alex Perez e Jaime Zapateiro que lograban imporse aos seus rivais e despois entraron Pablo Romero e Alejandro Vega. Romero nada puido facer contra o seu rival, moi superior, pero Alejandro, xogou un gran partido e estivo a piques de gañar. Tras os individuais, disputáronse os dobres e a parella numero 1 formada por Zapatero e Perez, impúxose con gran facilidade aos seus rivais, en tanto que a parella numero 2, con Colmeiro e Lois Anxo, non lograba a vitoria. O Casino da Coruña será o equipo contra o que se enfronten na final 

Pola súa banda, o equipo masculino A, nada puido facer contra o Ureca, que gañou todos os individuais, polo que o equipo da UVigo non acadou a final, sendo este o único partido perdido en toda a tempada.

“Para o ano, será moi duro, ter a todos os equipos nas categorías máis altas posibles será unha tarefa moi complicada de manter, pero xa empezamos a traballar nela”, asegura o adestrador Jorge Comesaña.