DUVI

Diario da Universidade de Vigo

As rapazas disputaron varios partidos en Valga contra o Tenis Boiromar

O equipo masculino A de tenis logra o seu primeiro triunfo

Gañou por 5-4 ante o Tenis Cangas

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Deportes
  • Deportes
DUVI 25/03/2019

O equipo masculino A de tenis logrou este fin de semana o seu primeiro triunfo por 5-4 ante o Tenis Cangas, conseguindo, a falta dun único encontro por disputar, os seus primeiros puntos. Formado por Pablo León, nº 1 de España de +45; Alfonso Santos, Yago González, Alejandro Vega, David Conde e Javier Fernández, o equipo gañou un total de catro partidos, caendo os xogadores Alejandro Vega e Javier Fernández.

No caso do equipo feminino, integrado por Marta Saburido, Ana Fernández, Maria Casares e Marta González, viaxou ata Valga para enfrontarse ao Tenis Boiromar, logrando Marta Saburido e Marta González cadansúa vitoria e o triunfo no dobres 1 composto por estas mesmas xogadoras.