DUVI

Diario da Universidade de Vigo

É a súa primeira derrota desta tempada na división de honra B do rugby estatal

O equipo de rugby perde contra o Babyauto Zarautz RT

Os ourensáns sitúanse no quinto posto da táboa

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 30/09/2019

Esta fin de semana o equipo de rugby do campus de Ourense, o Campus Universitario Ourense, volveu ao País Vasco para enfrontarse o domingo, na terceira xornada de liga, a un “equipo duro e con factor casa”, o Babyauto Zarautz RT. Os ourensán perderon o encontro por 32-19, sendo a súa primeira derrota no que vai de tempada. Con este resultado sitúanse, con dúas vitorias e unha derrota, no quinto posto do seu grupo na división de honra B do rugby estatal.  

O encontro, indican desde o club ourensán, foi “un partido moi disputado”, subliñando o seu agradecemento “a Zarautz RT e, en concreto, á súa delegada Idoia Malo, pola axuda prestada cos lesionados cando tiveron que ser trasladados a un centro médico”. A pesar da derrota, desde o Campus Universitario Ourense sinalan como “a ilusión e as ganas continúan” e “agardamos traballar ben esta semana para o noso próximo desprazamento a Avilés”.