DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Sitúase no quinto posto do seu grupo na división de honra b estatal

O equipo de rugby suma unha derrota contra Pasek Belenos RC

O Club Natación Escualos Campus da Auga arrancou a tempada

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 30/11/2020

Natación e rugby protagonizaron a actividade deportiva desta fin de semana dos equipos que representan ao campus de Ourense nestas modalidades. Por unha banda, o Campus Universitario Ourense Rugby Club sumou o sábado unha derrota na cuarta xornada da liga 2020/2021 da división de honra B do rugby estatal. Por outra banda, o Club Natación Escualos Campus da Auga arrancou a competición desta tempada cun bo sabor de boca competindo na primeira xornada da Liga Galega Máster.

O Campus Universitario Ourense Rugby Club perdeu o sábado na súa visita ao Pasek Belenos RC, en Avilés, fronte ao que perderon por 25-14. Con este resultado sitúase no quinto posto do seu grupo, con dúas vitorias e dúas derrotas no que vai de tempada. Polo que respecta á natación, o Club Natación Escualos Campus da Auga iniciou a competición tamén o sábado na piscina Rosario Dueñas, en Ourense, que acolleu a primeira xornada da Liga Galega Máster. O equipo competiu con 20 deportistas en total, con participación nas probas de 200 costas, 50 braza, 50 libre e 200 bolboreta. Á espera de saber os resultados finais, desde o equipo sinalan como “a xornada foi moi boa para nós, posto que houbo moi bos tempos e a bo seguro que estaremos nos postos altos da táboa”. Tamén salientan desde o club o seu agradecemento á Fegan e ao club organizador, o CN Pabellón, “polo bo facer e a boa organización da competición xa que fixeron que os nadadores se sentiran seguros en todo momento", con medición da temperatura á entrada, lugares amplos para garantir distanciamento entre deportistas, o uso da máscara xusto ata o momento de entrar na auga ou o quecemento divido en varios grupos.