DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Tras vencer ao Empresariais de Ourense na segunda xornada 

O equipo A de tenis da UVigo, primeiro de grupo no Campionato Galego 

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Deportes
  • Deportes
DUVI 02/02/2022

Logo de disputarse a 2ª xornada do Campionato Galego por equipos, o equipo A da UVigo colócase primeiro de grupo. Varios positivos por covid impediron a xogadores de dous dos equipos rivais disputar os encontros previstos, e unicamente o equipo A, que milita na división de prata, puido xogar o partido previsto fronte ao Empresariais de Ourense, no que por só un tiebreak os vigueses lograron a vitoria por 4(+1)-3.

Santi Jorge non puido co seu rival, pero Pablo Gonzalez e Yago Gonzalez lograban gañar os seus partidos. Os últimos en xogar foron os números 2 e 1, Jaime Zapatero e Ricardo Lago, que perderon os seus respectivos encontros. Zapatero foi derrotado por Carlos Carreira e Lago perdía contra Juan Outeiriño.

Tras perder por 3-2 no resultado global, o equipo  da UVigo foi a por todas nos dous partidos de dobres, xogando no dobres 1 Ricardo e Jaime contra Juan e Carlos, e no segundo dobres Yago e Santi contra Edgar e Guillermo. Finalmente, os xogadores da UVigo gañaron ambos dobres, a parella nº 2 lograba o seu punto gañando por 6-2 6-4 e a parella nº 1 gañaba no super-tiebreak por 6-2 5-7 e 10-6.