DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Celébrase do 1 ao 5 deste mes en Figueira da Foz

O equipo da Universidade participa na maior proba de Orientación de Portugal

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Deportes
  • Deportes
DUVI 04/03/2019

O equipo de carreiras de orientación da Universidade de Vigo está a participar estes días en Figueira da Foz na maior proba desta modalidade deportiva que se celebra en Portugal. "O" Meeting 2019 de carreiras de orientación arrancou o día 1 e rematará mañá martes, unha proba organizada pola Asociación de Deportes de Mondego.

Despois de que en 2010 a vila lusa de Figueira da Foz acollese este evento por primeira vez, nove anos despois volve a acoller esta proba que discorre en varios circuítos que inclúen dende complexos dunares como os de Leirosa, a 16 km ao sur da cidade, ou Quiaios ata percorridos urbanos polo centro de Figueira e unha proba nocturna en Buarcos.