DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O centro do campus celebrou este xoves unha festa que reuniu aos nenos e nenas e as súas familias

A Escola Infantil recibe ao personaxe máis popular do Nadal

O evento contou coa visita de Papa Noel

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 21/12/2018

Como cada ano, a Escola Infantil do campus aproveitou estas datas previas ao Nadal para promover unha xornada de celebración conxunta entre os nenos e nenas, profesoras e familias. O centro celebrou na tarde deste xoves a súa festa de Nadal, na que non faltou a música, nin unha merenda para a que a escola contou coa colaboración de nais e pais e na que non faltaron as típicas sobremesas destas datas. Pero previamente, o alumnado recibiu a vista do personaxe máis popular destas datas,  Papa Noel, que foi percorrendo as aulas para entregar aos nenos e nenas unha lambetada a modo de agasallo adiantado destas datas e fotografarse cos nenos e as súas familias, nunha celebración dirixida "a fomentar a convivencia entre os nenos e as profesoras da escola coas súas familias", como explica a directora do centro, Ángeles Rodríguez.