DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Promovida pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela

O estudante de doutoramento Andrés Rivas, seleccionado para unha residencia que conecta arte e ciencia

O seu proxecto explorará un concepto fundamental na computación cuántica desde as artes visuais

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Investigación
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 03/12/2025

Estudante de doutoramento na Universidade de Vigo, o artista Andrés Rivas Rodís convertíase este mércores no adxudicatario da primeira Residencia ArtLab IGFAE, promovida pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela e dirixida a conectar a creación contemporánea galega coa investigación punteira no campo da física. A partir de febreiro, este artista e estudante do Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea desenvolverá o seu proxecto Outro e sobre si nas instalacións do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e na Cidade de Cultura, onde será exposto a finais de 2026. Seleccionado de entre unha trintena de candidaturas, segundo informaron desde o Goberno galego, o seu proxecto explorará o concepto da superposición, tema fundamental na teoría e computación cuántica, desde a perspectiva das artes visuais.