DUVI

Diario da Universidade de Vigo

No ciclo Conversas en Empresariais, que inclúe relatorios, mesas redondas e proxeccións

A EUE Empresariais convida a reflexionar sobre as medidas precisas para acadar igualdade laboral entre mulleres e homes

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Igualdade
  • Académica
DUVI 11/10/2018

As Conversas en Empresariais regresan á Universidade, desta volta, para debater sobre o traballos das mulleres, nunha xornada organizada pola Escola Universitaria de Estudos Empresarias e patrocinada pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. Ao longo da xornada deste xoves, e a través de mesas redondas e proxeccións, expertas e especialistas na materias analizaron as eivas do mundo profesional dende o punto de vista da igualdade e debateron e propuxeron políticas para favorecer a igualdade de xénero na contorna laboral.

O primeiro convidado da xornada foi Ander Bergara, do Emakunde-Instituto Vasco de la Mujer, que explicou o traballo que se desenvolve nesta institución a prol da igualdade entre homes e mulleres nas empresas e organizacións a través de diferentes medios, como a concesión de subvencións, asesoramento, formación, elaboración de materiais e a concesión dun recoñecemento ás empresas como "entidades colaboradoras en igualdad de mulleres e homes". A xornada da mañá completouse coa proxección dunha longametraxe documental sobre Antía Cal, titulada A palabra xusta.

Xa pola tarde, a xornada iníciase cunha mesa redonda para facer unha posta en común dos problemas e barreiras que se atopan as mulleres no mercado laboral e buscar prospostas e alternativas que permitan ás mulleres acada unha igualdade real en dereitos, retribicións e posibilidades profesionais. Neste debate participan Ana Cidre, de Gals Tech, a profesora da Universidade de Vigo Emma Rodríguez e Patricia García, presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia. Para finalizar este evento, proxéctase a partir das 18.30 horas a curtametraxe experimental sobre o simbolismo da bata en Galicia Bata por fóra (muller por dentro), da cineasta viguesa Claudia Brenlla, así como os vídeos gañadores do II Women in the Seafood Industry Video Competition: Puntada Invisible, Mujeres del Mar de Cortés, Girls who Fish in Petty Harbour e The Invisible Hands.