DUVI

Diario da Universidade de Vigo

No III Congreso de Desarrollo Territorial 2022: Biodiversidad e Innovación

A Facultade de Ciencias dá a coñecer as súas titulacións e investigacións en México

Participaron as investigadoras Beatriz Gullón e Aloia Romaní

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Institucional
DUVI Ourense 02/11/2022

A Universidad Interserrana del Estado de Puebla Ahuacatlan-UIEPA (México) vén de celebrar o III Congreso de Desarrollo Territorial 2022: Biodiversidad e Innovación, contando coa participación de especialistas procedentes de universidades hispano-americanas. Nel, a Facultade de  Ciencias do campus de Ourense presentou ás e aos asistentes os tres graos que se imparten nela (Enxeñaría Agraria; Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Ciencias Ambientais) e os seus mestrados (Nutrición e Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental). Beatriz Gullón, vicedecana do centro, foi a encargada de explicar as características destas titulacións, nas que a facultade ourensá se sitúa entre as 500 mellores do mundo no Global Ranking of Academic Subjects (GRAS) 2022, máis coñecido como ránking de Shanghai por materias.

No congreso, Beatriz Gullón e a tamén investigadora da Facultade de Ciencias do campus Aloia Romaní presentaron algunhas das liñas de investigación que se desenvolven nela en relación á temática do desenvolvemento sostible. Así, expuxeron os traballos que están a realizar no marco do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo sobre revalorización de subprodutos xerados no procesamento industrial de froitas no marco da aposta pola economía circular e nas tecnoloxías verdes para o desenvolvemento sostible de biorrefinerías de segunda e terceira xeración.