DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O Campus Universitario Ourense RC gañou ao SilverStorm El Salvador Emerging

Unha fin de semana de vitorias en rugby e baloncesto

Os xogadores de baloncesto mantéñense no primeiro posto da táboa

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Deportes
  • Saúde
  • Deportes
DUVI Ourense 03/12/2018

En baloncesto e en rugby, os primeiros equipos do campus de Ourense acadaron esta fin de semana bos resultados. Na división de honra B do rugby estatal, o Campus Universitario Ourense RC gañou ao SilverStorm El Salvador Emerging. En baloncesto, os e as representantes do campus gañaron os partidos disputado nas instalacións universitarias respectivamente contra o Syngenta Seis do Nadal e o CB Dorna.

O Campus Universitario Ourense RC desprazouse ata Valladolid para xogar o sábado contra o SilverStorm El Salvador Emerging, ao que gañou por 14-38. Con este resultado, o equipo do campus está no cuarto posto do seu grupo, con seis vitorias e catro derrotas no que vai de competición.  

Xa en baloncesto, os equipos do campus de Ourense sumaron tamén o sábado cadansúa vitoria nos partidos disputados. A categoría masculina gañou 56-44 na casa ao Syngenta Seis do Nadal na primeira división autonómica, manténdose no primeiro posto da táboa con seis vitorias e unha derrota no que vai de liga. Na primeira división autonómica feminina, as xogadoras do campus sumaron unha vitoria na casa por 61-33 fronte ao CB Dorna. Con este resultado mantéñense segundas na táboa, con seis vitorias e dúas derrotas.