Jane-Ling Wang, Irène Gijbels e Juan Carlos Escanciano participan nun tribunal de tese
O grupo SiDOR recibe tres expertos internacionais en análise de supervivencia e estatística e economía non paramétrica
Investigadores do grupo SIDOR ((Statistical Inference, Decision and Operations Research) reúnense este mércores na Universidade de Vigo cos expertos internacionais en análise de supervencia e estatística e economía non paramétrica Jane-Ling Wang, Irène Gijbels e Juan Carlos Escanciano, no que os membros do grupo consideran “unha interacción moi importante cara á consecución dos obxectivos do proxecto MECANOS4, desenvolvido por SiDOR e financiado por el Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, baixo da dirección de Jacobo de Uña y Juan Carlos Pardo”. MECANOS4 integra nove doutores de SiDOR que, xunto a un elenco de colaboradores externos, traballan durante el trienio 2024-2027 nos tópicos de análisis de supervivencia, datos de alta dimensión, análisis ROC, contrastes de bondade de axuste e modelos de regresión complexa, explican os investigadores do grupo, recoñecido como Grupo de Referencia Competitiva pola Xunta de Galicia.
Membros dun tribunal de tese
Jane-Ling Wang, profesora distinguida do Departamento de Estatística na Universidade de California en Davis, EE.UU e experta en análise de supervivencia, datos funcionais e Machine Learning; xunto a Irène Gijbels, catedrática no Departamento de Matemáticas da KU Leuven, Bélxica, referente mundial en métodos de estatística non paramétrica; e Juan Carlos Escanciano, catedrático do Departamento de Economía da Universidad Carlos III de Madrid, recoñecido experto en econometría non paramétrica e contrastes de bondade de axuste, participan este mércores no tribunal da tese que presenta Adrián Lago, titulada The k-sample problem for truncated and censored data, dirixida por Juan Carlos Pardo e Jacobo de Uña. A tese resolve o problema da comparación de k grupos cando a información estatística encóntrase censurada ou truncada, algo moi frecuente na análise de supervivencia, un ámbito da estatística de suma importancia en estudios económicos, clínicos e de fiabilidade industrial.
Así mesmo as profesoras Wang y Gijbels aproveitaron a súa presenza na UVigo para impartir conferencias abertas á comunidade universitaria sobre as súas temáticas de traballo.
