DUVI

Diario da Universidade de Vigo

No Salón de Actos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

O grupo de teatro “Os Catro Galáns” inaugura os XXII Xogos Galaico- Durienses

Durarán ata o vindeiro 22 de novembro

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Deportes
Ana Terceiro DUVI 20/11/2007

O grupo de teatro Os Catro Galáns inaugurou a XXII edición dos Xogos Galaico-Durienses que hoxe comezan no campus de Pontevedra coas competicións nas modalidades de baloncesto, voleibol, fútbol sala, tenis de mesa e xadrez.
Con tres vídeos en ton humorístico sobre a historia do deporte e os xogos que se estaban a presentar, este grupo de animadores, deu a benvida aos participantes das seis universidades que competirán durante tres días nos torneos.
“Hai seis anos a Universidade de Vigo organizou por última vez os Xogos Galaico-Durienses e, naquela ocasión, tamén foron organizados no campus de Pontevedra. Aquí contamos coa vantaxe de ter, nun entorno moi próximo, todas as instalacións necesarias para a súa organización”, comentou o responsable do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo, Javier Rial, no discurso inaugural.
No acto tamén estiveron o responsable do Servizo de Deportes do campus de Pontevedra, Gustavo Loureiro, e a directora da Área de Extensión Universitaria e Estudantes do campus de Pontevedra, Ana Belén Fernández Souto.

Competicións

Dentro das actividades programadas para a primeira xornada de competicións hai que destacar o inicio da liguiña de xadrez na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación e o torneo de duatlón-cross individual. Tamén comezaran a fase de grupos de baloncesto, voleibol, fútbol sala e tenis de mesa, nas instalacións deportivas do campus de Pontevedra.