DUVI

Diario da Universidade de Vigo

No teatro Vidal Bolaño

O grupo Yllana desata a gargallada coa obra "Papagnini"

Este xoves actuación a cargo de Marcelo González

Etiquetas
  • Vigo
  • Cultura
Romina Vázquez DUVI 21/11/2007

Un elevado número de espectadores déronse cita no Teatro Vidal Bolaño para asistir á representación teatral ofrecida polo grupo Yllana. A obra reúne, baixo o título de Papagnini, pezas de música clásica, o virtuosismo do violinista Ara Malikian e a tolemia característica da propia formación.
O grupo conseguiu o obxectivo proposto, que non é outro que facer rir ao público congregado,para o que fan uso do humor sen palabras, acelerando a linguaxe da onomatopeia e creando un mundo surrealista e delirante onde todo pode ocorrer.

Teatro de rúa con Marcelopuntomime

O ciclo de teatro prosigue este xoves coa actuación do mimo Marcelo González que presentará no centro comercial da Cidade Universitaria a obra Marcelopuntomime, un cóctel de diversión e acción cun ritmo trepidante e sorprendente onde todos os personaxes buscan a interacción co público. Este artista arxentino, que conta cunha ampla traxectoria en festivais de teatro xestual, está considerado como un dos mellores mimos do seu país e un especialista na arte da pantomima e do humor.