DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O CEIP Padre Crespo celebra varios actos en memoria das dúas estudantes falecidas en Angrois

Homenaxeando a escola, lembrando a Celtia Uxía e Eva

Coa participación do profesor de Ciencias de Educación Xosé Manuel Cid

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Estudantado
  • Institucional
DUVI Ourense 31/05/2019

O CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía, en Allariz, convoca anualmente un concurso de debuxo, conto e relato e realiza diversas actividades en memoria de Celtia Uxía Cabido e Eva Pérez, dúas estudantes da Universidade de Vigo desta localidade falecidas no accidente de tren de Angrois de 2013. Este venres, Xosé Manuel Cid, vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación do campus de Ourense, onde estudiaba Educación Primaria Celtia Uxía, uniuse aos actos nos que este ano o protagonismo foi para a escola. “Foi unha perda moi grande e que a escola se acorde delas é moi emotivo”, dixo Xosé Manuel Cid.

A colaboración da Facultade de Ciencias da Educación nas actividades materializouse na cesión para as actividades de materiais do Museo Pedagóxico que ten este centro, que foron expostos fronte á Colexiata de Santa María a Real de Xunqueira de Ambía. Antes da entrega dos premios, Xosé Manuel Cid foi convidado a ofrecer unha conferencia sobre o maxisterio na Segunda República nesa zona e da represión posterior, achegándose a figuras como os irmáns Xosé Luis Bouzas e María Bouzas, el asasinado e ela exiliada en México. Tamén falou en xeral da pedagoxía desa época como “unha pedagoxía activa, de contacto coa natureza, alegre, pensando sempre nos nenos e superando a pedagoxía memorística e elitista que había antes e despois da república".