DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Ante as informacións aparecidas nalgúns medios os organizadores de San Teleco fan público un manifesto

Etiquetas
  • Vigo
  • Cultura
DUVI DUVI 20/11/2007

A organización de San Teleco 2007 fixo público un comunicado no que expresa o seu desacordo coas informacións publicadas nalgúns medios con respecto a esta celebración.
No manifesto, que consta de catro puntos, a organización do San Teleco O7 afirma que “durante toda a xornada non se produciu ningún coma etílico no campus e só se levaron a cabo dous traslados en ambulancia.”
Outro dos aspectos no que os alumnos da ETSE de Telecomunicación fan fincapé é no feito de que “San Teleco non é un macrobotellón”, senón unha actividade que ten detrás un forte traballo de organización e que inclúe a realización de múltiples actividades lúdicas para os estudantes.
En relación coa seguridade o día da celebración, no comunicado afírmase que se“contou coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vigo e dun socorrista da organización para atender calquera incidencia médica. Ademais, tanto membros da organización como persoal de seguridade contratado ao efecto controlaron os puntos máis conflitivos”.

A continuación achegamos o texto íntegro do comunicado emitido pola organización de San Teleco 2007.

Comunicado (33,7 kb)