DUVI

Diario da Universidade de Vigo

339 matriculados no centro, sen contar o alumnado dos cursos de español

Inglés, o idioma máis demandado polos inscritos nos cursos do 2º cuadrimestre do Centro de Linguas

Tamén medra o número de alumnos matriculados noutras linguas

Etiquetas
  • Vigo
  • Académica
Mª del Carmen Echevarría DUVI 19/02/2008

Con 112 matriculados nos cursos cuadrimestrais e intensivos, e 74 nos de conversa, o inglés volve ser a lingua máis demanda polos inscritos nos cursos do segundo cuadrimestre ofertados polo Centro de Linguas da Universidade de Vigo. De feito o incremento máis significativo neste segundo cuadrimestre foi o rexistrado no número de solicitantes do curso de conversa, o que obrigou á ampliación de dous novos grupos dos niveis intermedio e intermedio alto.
Sen embargo non só os cursos de inglés con case 200 matriculados, viron incrementada a súa demanda xa que alemán e lingua de signos, con 34 e 7 inscritos respectivamente, tamén experimentaron un significativo incremento, respecto á anteriores edicións.

339 matriculados, sen contar o alumnado dos cursos de español

A falta de contabilizar os alumnos inscritos nos cursos de español, cuxa matrícula péchase o 26 de febreiro, foron un total de 339 os alumnos inscritos no segundo cuadrimestre para participar da oferta do Centro de Linguas.
Se inglés, alemán e lingua de signos, aumentaron o número de alumnos, ruso, árabe,chinés e francés, mantiveron o nivel de matriculados do primeiro cuadrimestre.
Pola contra os cursos de italiano e portugués sufrirán algunha cancelación de curso pola escaseza de alumnado.

Aumento da oferta no segundo cuadrimestre

Tanto o número de linguas como os niveis, experimentaron un incremento neste segundo cuadrimestre do curso 2007/2008, incorporándose á oferta do Centro de Linguas, un curso de xaponés, un de conversa en lingua de signos en Vigo, outro de preparación para o exame DELE do Instituto Cervantes e un curso de español para os negocios.
Precisamente estes dous últimos cursos, xunto co cuadrimestral para estranxeiros, aínda non pecharon o seu período de matriculación, fixado para o 26 de febreiro.