DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A través dun premio e seis bolsas

As investigacións sobre o Camiño de Santiago son recoñecidas polas cámaras de comercio

O prazo finaliza o vindeiro 15 de outubro de 2007

Etiquetas
  • Vigo
DUVI DUVI 03/10/2007
A Asociación de Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación dos Camiños Xacobeos, en colaboración coas universidades, recoñecerá as investigacións relacionadas co Camiño de Santiago. A través de seis bolsas, cunha contía de 3.000 euros cada unha, e un premio á mellor investigación, dotado con 4.500 euros, a asociación pretende fomentar os estudos relativos a cada unha das rutas xacobeas.
A convocatoria está dirixida a profesores, estudantes de terceiro ciclo e titulados polas universidades polas que pasa o camiño.

Cartaz bolsas