DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Recoñecen o labor desenvolvido por persoas e institucións no ámbito da solidariedade e a cooperación

Lánzase a II edición dos Premios Consello Social_UVigoHumana

Poden presentarse candidaturas ata o luns 16 de novembro

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Premios
  • Institucional
DUVI 02/11/2020

Co obxectivo de recoñecer o labor desenvolvido por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais, tanto galegas como internacionais, que teñan sobresaído pola súa traxectoria en calquera ámbito vencellado coa solidariedade e a cooperación, a Universidade de Vigo e o Consello Social acaban de lanzar a  segunda edición dos Premios Consello Social_UVigoHumana, unha iniciativa posta en marcha o curso pasado coa idea de reforzar a función social da universidade pública.

Ao igual ca na anterior edición, o premio convócase en dúas categorías, internacional e galega, e está dotado dun diploma acreditativo e un agasallo institucional. Poderán presentarse tanto membros da comunidade universitaria, como institucións públicas, entidades educativas, culturais e sociais, organizacións non gobernamentais, persoas e institucións de recoñecido prestixio e calquera persoa ou representante de entidades convidadas pola organización.

O prazo para a presentación de candidaturas manterase aberto ata o vindeiro luns 16 de novembro e será a Vicerreitoría  de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación a encargada de valorar a idoneidade das candidaturas en función da súa traxectoria, da cal informará a Comisión de Valoración. Esta comisión estará composta por un presidente/a que recaerá no reitor ou persoa en quen delegue e oito vogais: a vicerreitora de Responsabilidade Social, o presidente do Consello Social, a directora da Área de Responsabilidade Social e Cooperación,  dous represente do PDI, un representante  do PAS e do alumnado e un/unha representante do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode) .

Enxeñaría Sen Fronteiras e Os Ninguéns, entidades premiadas 2019

Na anterior edición dos premios a Universidade e o Consello Social recoñeceron o labor da Asociación Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e do foro socioeducativo Os Ninguéns, pola contribución de ambas entidades a crear un mundo máis comprometido, solidario e xusto. A entrega de premios tivo lugar nun acto celebrado en outubro de 2019 como colofón celebración no campus de Vigo da Semana da Axenda 2030 e no acto salientouse o importante papel destas asociacións como modelo de referencia para o conxunto da sociedade, tanto a nivel internacional, Asociación Enxeñería Sen Fronteiras, como local, premiando neste caso o foro Os Ninguéns polo seu traballo a pé de rúa, un labor co que se contribúe a visibilizar a realidade das persoas máis empobrecidas, vulnerables e excluídas