PENSA BEN O TEU FUTURO

... e logo ven á UVigo

Valora os 10 conceptos que nos definen

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • Público externo
Universidade 31/03/2018

Poderíamos dicirche que somos unhas das universidades mellor valoradas polo alumnado, que estamos arriba de todo no ranking de transparencia universitaria, que somos unha das 100 mellores entre as que teñen menos de 50 anos ou que brillamos na lista de institucións de excelencia na produción científica... pero iso non vai con nós ;) non nolo permitiría a nosa #actitudeUVigo. Iso si, para que nos coñezades, fixemos unha lista dos 10 conceptos que definen esta nosa forma de ser:

 

  1. Somos unha institución dinámica

    Cambiamos contigo! Novos graos, novos másteres e programas de doutoramento xorden continuamente para cubrir as demandas da sociedade e do mercado laboral.

    Novas metodoloxías: tecnoloxías de videoconferencia, plataforma virtual ...

  2. Somos unha universidade emprendedora

    A través da nosa incubadora de negocios, fomentamos a iniciativa entre o noso alumnado, poñendo en valor os seus coñecementos e ideas, convirténdoas en empresas viables. Apúntate nos seminarios de preparación para o emprego!

  3. Na investigación somos punteiros

    Sabías que as nosas liñas de investigación cobren os aspectos máis innovadores? E que a universidade lanzou satélites ao espazo? Estamos á última.

  4. Somos acolledores e cosmopolitas

    Participación nos principais programas de mobilidade: ERASMUS, ERASMUS prácticas, ERASMUS MUNDUS, GE4, ISEP ... Podes prepararte matriculándote en materias que se imparten enteiramente en inglés dentro do plan de estudos das nosas titulacións.

  5. Non somos auga?

    Ti xa o sabes, pero ven coñecer os nosos Campus do Mar e da Auga, espazos que aspiran a ser dinamizadores de redes de unidades de investigación, docencia e transferencia de tecnoloxía sobre o mar e a auga.

  6. A nosa base é a creatividade

    Presenta na sala de exposicións da Universidade de Vigo. Coñece as últimas tendencias: Estudos superiores en deseño téxtil e moda, Comunicación Audiovisual, Publicidade ...

  7. Somos respectuosos, somos verdes

    Colabora coas nosas Oficinas de Medio Ambiente, que desenvolven nos campus plans de sustentabilidade e xestión medio ambiental. Infórmate sobre como usamos as fontes de enerxía "limpas".

  8. Estamos comprometidos

    Non todo vai ser estudar. Proporcinámosche todo un abanico de posibilidadades no mundo da cultura, do deporte, do lecer, e no compromiso social: Servizo de Deportes, cursos de extensión universitaria, obradoiros culturais, actividades de voluntariado... e moito máis!

  9. Podemos axudarche

    Para que poidas adquirir os coñecementos complementarios á túa formación, solicita as nosas bolsas de formación: no Campus do mar, na área de imaxe, en sistemas informáticos, na oficina de medio ambiente...

  10. Uvigo é para ti!

    Porque es unha persoa única e queremos que o sigas sendo. Disporás de profesorado titor que te orientará ao longo da túa carreira universitaria. Tamén podes acceder ao noso gabinete psicopedagóxico.