DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Terá lugar en Castro Caldelas a próxima semana

Este mércores remata o prazo de inscrición no curso “Galicia, vista polo dereito”

Etiquetas
  • Ourense
  • Académica
Marta Casanova DUVI 23/10/2007

O curso, “Galicia, vista polo dereito” que terá lugar do 29 ao 31 de Outubro en Castro Caldelas,pretende ser unha homenaxe a tres xuristas caldeaos: Casado Nieto, Claudio Movilla e Orencio Pérez. Na súa presentación o vicerreitor do Campus de Ourense, Juan Francisco Gálvez, destacou a súa multidisciplinariedade pola participación das facultades de Dereito e de Ciencias da Educación, así como a calidade dos ponentes, entre os que se atopan o Fiscal Xeral do Estado ou o Fiscal Xefe de Galicia.
Inés Iglesias, decana de Dereito, destacou que entre moitos outros asuntos, falarase dun tema de máxima actualidade como é a reforma da lei do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal. Pola súa banda, o decano de Ciencias da Educación, Xosé Manuel Cid, engadiu que se va analizar tamén a configuración dos dereitos históricos de Galicia dende a perspectiva non só fiscal, senón tamén histórica e da man dos referentes locais dunha vila pequena, pero que "nos deixou grandes intelectuais coma os irmáns Fernández Mazas, Vicente Risco e os xa citados homenaxeados, que foron uns pioneiros na labor de normalización lingüística dictando as sentenzas en galego".
O precio do curso foi modificado e será de 20 euros, con manutención incluída e os estudantes terán dereito a un crédito de libre elección.