DUVI

Diario da Universidade de Vigo

CCSS e da Comunicación acolleu unha actuación musical da estudante Alba Sangabriel

Música e verbas no Día Internacional da Lingua Materna

Nunha actividade promovida pola júnior empresa Freshysweet

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Asociacións de Estudantes
  • Cultura
  • Música
  • Cultura
DUVI Pontevedra 21/02/2019

Este xoves 21 de febreiro conmemorase o Día Internacional da Lingua Materna, unha data que desde a júnior empresa Freshysweet, integrada por estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, quixeron aproveitar para animar ao alumnado “a facer visible a súa lingua”, como apunta Sarai Mariño, responsable de relacións públicas dun colectivo que realiza traballos de publicidade co propósito de ampliar a súa formación, pero que tamén quere, sinala, “estar presente e ter visibilidade na facultade”. Con ese propósito, nesta conmemoración promoveron un concerto da estudante do grao en Publicidade e Relacións Públicas Alba Sangabriel, quen interpretou á guitarra diferentes cancións en castelán, inglés e galego. Esta actuación viuse complementada así mesmo cun taboleiro no que as e os promotores da actividade convidaban ao alumnado a incorporar, explican, “palabras que lles recordasen a súa infancia”.