DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Fermín Navarro súmase ao panel de profesores do centro

Unha nova incorporación á Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo

Impartirá docencia o vindeiro curso académico

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Reitor
  • Institucional
DUVI Ourense 13/06/2019

Esta semana o enxeñeiro aeronáutico Fermín Navarro vén de incorporarse ao panel de profesores da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense. Tras ser recibido por Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e por Manuel Ramos, vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, o docente puido coñecer as instalacións e persoal tanto do centro como do departamento ao que se incorpora, que é o de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos. Titulado en Enxeñaría Aeronáutica pola Universidad Politécnica de Madrid, Fermín Navarro realizou o seu doutoramento no Instituto Universitario de Microgravedad Ignacio da Riva desa institución académica. A súa traxectoria profesional estivo vinculada á docencia nesa universidade e na Universidad Europea de Madrid, de onde procede. As súas liñas de traballo son a aerodinámica e o espazo e chega ao campus de Ourense coa idea de facer non só docencia, impartindo o vindeiro curso académico materias como Mecánica de Voo, Aerodinámica e Vehículos Aeroespaciais, senón tamén investigación. Da etapa que comeza agora na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo salienta “a motivación que supón empezar nunha universidade que ten prestixio e nun grao novo no que hai moitas cousas por facer”.