DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Os xogadores gañaron o sábado a Belenos RC en Avilés

Nova vitoria para o equipo de rugby do campus

Con este resultando mantéñense no quinto posto do seu grupo

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 07/10/2019

Na cuarta xornada da división honra B do rugby estatal, o Campus Universitario Ourense sumou unha nova vitoria, neste caso contra Belenos RC. No partido disputado o sábado en Avilés, os ourensáns acadaron un axustado marcador final de 26-31 que os mantén no quinto posto do seu grupo, con tres vitorias e unha derrota no que vai de liga. Sobre o encontro, desde o equipo ourensán indican que “tras unha primeira parte con resultado de 14-14, a segunda foi moi axustada por obra do pateador de Belenos que axustou o partido ata cinco minutos para o final, no que o Campus marcou o ensaio transcendental con Colombo transformando (26-28) e un golpe de castigo tamén transformado no minuto 79”. Foi, indican desde o club, unha “traballada vitoria ante un Belenos duro e loitador” e un “partido moi igualado que se decantou para Ourense nos últimos minutos do encontro cun ensaio e a súa posterior transformación”.