DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A obra "Se alquila. De cuerpo presente" da por inaugurada a programación teatral

Inserta dentro do Festival de Teatro Alternativo de Vigo, ALT.08

Etiquetas
  • Vigo
  • Cultura
Romina Vázquez DUVI 28/02/2008
Se alquila. De cuerpo presente. Este é o título da obra coa que a compañía Esfera Teatro, dirixida por Juan Carlos Fernández, da por inaugurada a programación teatral prevista pola Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes para o segundo cuadrimestre. O público congregado no Teatro Vidal Bolaño puido gozar dunha peza que, dividida en catro partes, propón un percorrido polo quen somos e que podemos esperar da nosa vida. Trátase dunha reflexión activa, unha introspectiva moi irónica e, en definitiva, unha arriscada aposta a partir do talentoso texto de Peio Hernández Riaño e do traballo interpretativo de Álvaro Ramiro.
Nos últimos anos, a compañía cántabra Esfera Teatro ten participado na apertura da tempada da sala Miriñaque en Santander e no Certame Nacional de Langreo, entre outras citas.

Festival de Teatro Alternativo de Vigo, ALT.08

A representación da obra Se alquila. De cuerpo presente é a única que, dentro do Festival de Teatro Alternativo de Vigo, se achega ao campus universitario. Este certame, que rematará o vindeiro 8 de marzo, inclúe tres pezas de teatro, outras tantas actuacións de danza, dous espectáculos de performance e vinte e nove representacións multidisciplinares que terán como escenario as rúas da cidade, o Museo de Arte Contemporáneo e o Auditorio Municipal