DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Na súa visita a terras vascas os vigueses perderon 46-26 ante o AVIA Eibar Rugby

A oitava xornada de División de Honra B sáldase cunha nova derrota para o Kaleido Universidade

A vindeira xornada recibirán ao Silverstorm El Salvador Emerging

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Deportes
DUVI 12/11/2018

O Kaleido Universidade non foi quen de sumar na súa visita da fin de semana a Eibar e caeu derrotado por un contundente 46-26, nun partido dominado de principio a fin polo AVIA Eibar Rugby, un rival directo pola permanencia. O encontro, que se iniciou cun primeiro ensaio dos locais, aos que se sumarían outros cinco na primeira parte, por dous do equipo vigués, evidenciou a superioridade do Eibar, que ao descanso vencía por 34-12. Reiniciado o encontro, cada equipo sumou un ensaio, pero a partir de aí, a pesar do esforzo e a loita despregada polo Kaleido Universidade, o AVIA Eibar Rubgy sumou ata oito ensaios e acadou un resultado final de 46-26.

Con este marcador, o equipo vigués mantense na penúltima posición da clasificación da División de Honra, que pecha o Durango, que nesta xornada sufriu unha derrota ante o Getxo, o líder da categoría. O Kaleido Universidade recibirá a vindeira fin de semana outro equipo que loita pola permanencia, o Silverstorm El Salvador Emerging.