DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Na entrada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Os alumnos de Publicidade e RRPP recadan fondos para festexar a Santa Catalina

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Estudantes
Ana Terceiro DUVI 06/03/2008
Os alumnos do terceiro curso da titulación de Publicidade de Relacións Públicas, organizaron unha Chourizada co único obxectivo de recadar fondos para poder festexar a súa patrona, Santa Catalina de Siena, o vindeiro 29 de abril. Na entrada da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, estudantes e docentes de todo o campus participaron nesta actividade na que non faltaou comida, bebida nin música para animar o ambiente. Segundo comentou unha das rapazas organizadoras da festa, “todos os anos os alumnos de terceiro teñen que organizar a festa de Santa Cata, así que preparamos isto coa intención de conseguir máis cartos para a celebración e tamén para poder ir de excursión”.

Todo a 1 euro e unha ruleta

Ademais da xa tradicional venda de “todo a 1 euro”, na que se podía consumir tortilla, chourizos asados, empanada, postres tradicionais, viño e licores, nesta ocasión, os alumnos tamén prepararon unha ruleta na que se xogaba pagando a cantidade de 4 euros. Os participantes no concurso optaban a gañar diferentes premios como unha camiseta, chaveiros ou algo de comida.