DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Cunha xornada sobre mobilidade e telecomunicacións

Os campus de Vigo e Ourense participarán na Semana Internacional de Tecnoloxía e Negocios

Etiquetas
  • Vigo
  • Académica
Mª del Carmen Echevarría DUVI 09/10/2007

A mobilidade e as telecomunicacións son os dous bloques temáticos que se desenvolverán na Universidade de Vigo ao fío da celebración da VII edición da Semana Internacional de Tecnoloxía e Negocios que terá lugar o vindeiro mes de novembro nas tres universidades galegas.
O que está considerado, cualitativamente, polos profesionais das TIC, como o encontro máis importante da Península Ibérica aspira a seguir sendo unha referencia para a actualización dos coñecementos dos tecnólogos ao tempo que promove o acceso ao coñecemento tecnolóxico de Galicia.
No primeiro ano que a Semana Internacional de Tecnoloxía e Negocios ábrese ás universidades de Vigo e da Coruña, os campus de Ourense e Vigo acollerán cadansúa xornada sobre mobilidade e telecomunicacións. A sesión que se desenvolverá o mércores 7 de novembro, iniciarase pola mañá na E.T.S.E de Telecomunicación e nela tomarán parte como relatores Brian González, director xeral de Intel España y Portugal; Juan Miguel Márquez, director general de modernización administrativa del Ministerio de Administracións Públicas ou Pablo López, director de ventas e marketing de Tele2.
As sesión continuará pola tarde na Escola de Enxeñaría Informática de Ourense, contando coa participación de Iñigo Herguera, director do departamento de estudos, estatística e recursos documentais da comisión do mercado das telecomunicacións e Carlos Andújar, director do proxecto A Estrada Dixital.

Máis temas na TechBusiness Week

Pola súa banda na Universidade de Santiago desenvolveranse os bloques temáticos centrados en bases de datos e programación, así como management e sociedade da información, mentres que na Universidade de A Coruña o protagonismo será para o software libre.
A TechBusiness Week, Semana Internacional de Tecnoloxía e Negocios, está promovida pola Fundación Sabiria e organizada polo Foro e-Galaecia que ten a finalidade de desenvolver a Sociedade da Información.