DUVI

Diario da Universidade de Vigo

As tres categorías xogaron nas instalacións universitarias

Os equipos de xadrez do campus acadan resultados moi desiguais na segunda xornada de liga

O Universitario de Ourense A perdeu contra Benchoshey Sénior

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 21/02/2022

Os equipos que representan ao campus de Ourense na liga galega de xadrez disputaron esta fin de semana os encontros correspondentes á segunda xornada, acadando resultados moi desiguais. En primeira división, o Universitario de Ourense A perdeu contra Benchoshey Sénior por 0-4, con derrotas de Diego Vidal, Marcos Reza, Miguel Reza e Adrián González. En segunda división, o Universitario de Ourense B gañou 3-1 contra Benchoshey Fischer, con vitorias de Álvaro Suárez e Rodrigo Arias e táboas de David Feijóo e José Jaime Viso. Por último, en terceira división, o Universitario de Ourense C empatou con Xadrez Verín C, con vitoria de Nuel Vázquez, táboas de Alejandro Garrido e Sergio de Soto e derrota de Víctor López.