Os profesores recollen nunha obra as experiencias docentes máis innovadoras
O volume recolle 29 exemplos de iniciativas educativas novidosas
“Unha manifestación das cousas máis interesantes e innovadoras que están a facer os docentes da Universidade de Vigo”, así definiu Pedro Membiela, vicerreitor de Formación e Innovación Educativa o volume Prácticas educativas innovadoras na universidade, unha obra na que se recollen 29 experiencias que amosan iniciativas educativas novidosas en diferentes ámbitos e titulacións.
Unha experiencia innovadora para ensinar e popularizar as matemáticas a través do teatro, o uso de foros de discusión e de wikis para desenvolver actividades docentes ou explicar os beneficios que ten o xogo do sudoku para que axudar a entender determinadas teorías matemáticas son algunhas das experiencias que se recollen na obra.
Pedro Membiela estivo arroupado na presentación do libro, realizada na libraría Mártin Códax da Cidade Universitaria, por parte dalgún dos protagonistas, autores dos artigos que dan contido á obra. Manuel Ángel Pombal e Pilar Molist participan coa exposición dunha ferramenta en liña de acceso libre e interactiva para estudar os tecidos e os órganos vexetais e animais. Trátase dun atlas virtual que pretende ser unha ferramenta que sirva de complemento docente á materia de Citoloxía e histoloxía vexetal e animal do primeiro curso de Bioloxía. “Cremos que a ampla gama de contidos favorece a aprendizaxe autónoma do alumno grazas sobre todo, ao grao de interactividade e á posibilidade de resolver exercicios que tamén inclúen as respostas razoadas”, sinalaba a profesora Pilar Molist. A idea é seguilo ampliando “pero hai que ter en conta que contén gran cantidade de imaxes orixinais de alta calidade”, subliñou Pombal.
José Benito Vázquez Dorrío, da ETSE de Minas, expón na obra a experiencia levada a cabo na escola dentro da Semana da Ciencia 2007, “tratouse fundamentalmente de visitas a laboratorios de alumnado preuniversitario guiados por estudantes de cuarto e quinto da enxeñaría”, explicaba Dorrío.
Esta obra é unha compilación dos traballos presentados á segunda edición das Xornadas de Innovación Educativa na Universidade e a idea é repetir a experiencia na nova edición das xornadas que terán lugar o 12 de decembro no Edificio Miralles e nas que se seguirán difundindo experiencias innovadoras realizadas polos profesores.
Unha experiencia innovadora para ensinar e popularizar as matemáticas a través do teatro, o uso de foros de discusión e de wikis para desenvolver actividades docentes ou explicar os beneficios que ten o xogo do sudoku para que axudar a entender determinadas teorías matemáticas son algunhas das experiencias que se recollen na obra.
Pedro Membiela estivo arroupado na presentación do libro, realizada na libraría Mártin Códax da Cidade Universitaria, por parte dalgún dos protagonistas, autores dos artigos que dan contido á obra. Manuel Ángel Pombal e Pilar Molist participan coa exposición dunha ferramenta en liña de acceso libre e interactiva para estudar os tecidos e os órganos vexetais e animais. Trátase dun atlas virtual que pretende ser unha ferramenta que sirva de complemento docente á materia de Citoloxía e histoloxía vexetal e animal do primeiro curso de Bioloxía. “Cremos que a ampla gama de contidos favorece a aprendizaxe autónoma do alumno grazas sobre todo, ao grao de interactividade e á posibilidade de resolver exercicios que tamén inclúen as respostas razoadas”, sinalaba a profesora Pilar Molist. A idea é seguilo ampliando “pero hai que ter en conta que contén gran cantidade de imaxes orixinais de alta calidade”, subliñou Pombal.
José Benito Vázquez Dorrío, da ETSE de Minas, expón na obra a experiencia levada a cabo na escola dentro da Semana da Ciencia 2007, “tratouse fundamentalmente de visitas a laboratorios de alumnado preuniversitario guiados por estudantes de cuarto e quinto da enxeñaría”, explicaba Dorrío.
Chega a 3ª Xornada de Innovación Educativa na Universidade
O vicerreitor Pedro Membiela destacou a importancia deste tipo de iniciativa xa que, segundo expuxo, os profesores aprenden dos estudantes pero tamén dos compañeiros, “pero saber que cousas innovadoras se están facendo non sempre é doado, de aí a importancia de pór en común as experiencias máis orixinais que se están a facer”.Esta obra é unha compilación dos traballos presentados á segunda edición das Xornadas de Innovación Educativa na Universidade e a idea é repetir a experiencia na nova edición das xornadas que terán lugar o 12 de decembro no Edificio Miralles e nas que se seguirán difundindo experiencias innovadoras realizadas polos profesores.