DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Terá lugar do 23 ao 25 de novembro no Auditorio Municipal

Ourense acollerá o IV Congreso internacional sobre prevención, tratamento e control do consumo de cannabis

Este ano celebrarase tanto na modalidade presencial como en liña

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Saúde
  • Investigación
DUVI Ourense 30/01/2023

A cidade de Ourense será a sede do IV Congreso Internacional sobre prevención, tratamento e control do consumo de cannabis e os seus derivados: abordaxe na adolescencia e desde a perspectiva de xénero, que se desenvolverá do 23 ao 25 de novembro no Auditorio Municipal. Así o anunciaron este luns o responsable deste evento, o profesor da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense Manuel Isorna, e Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense. Ademais da colaboración da Universidade de Vigo e do concello (que cederá as instalacións do auditorio), a cita contará tamén co apoio da Xunta de Galicia, a Sociedade científica española de estudios sobre o alcohol, o alcoholismo e as outras toxicomanías, Socidrogalcohol, o Ministerio de Sanidade e a Deputación Provincial de Ourense, entre outras entidades. O congreso, que se realizará nas modalidades presencial e en liña, é unha iniciativa científica que pretende aglutinar a profesionais sanitarios, do ámbito xudicial e da educación, a alumnado das ramas sociosanitarias e a todas aquelas persoas interesadas nos problemas derivados do consumo de cannabis e dos seus derivados.