DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O persoal poderá recoller os tubos para as mostras nas conserxarías dos centros  

PDI e PAS da UVigo poderá realizar tests PCR sobre saliva os días 10 e 11 de xaneiro

A entrega das mostras realizarase o día 12

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Saúde
  • Institucional
DUVI 20/12/2021

O persoal da Universidade de Vigo terá a súa disposición, nas conserxerías dos centros dos tres campus, os vindeiros días 10 e 11 de xaneiro de 2022, tubos para a recollida de mostras de saliva para a realización de tests PCR. O PDI e o PAS poderá recoller os días 10 de 11 de xaneiro, en horario de mañá e tarde, os kits para a realización das probas, e o 12 procederase ao rexistro das mostras na aplicación poolingvigo.com e a entrega das mesmas nas gradillas habilitadas nas conserxerías dos respectivas escolas e facultades. Non obstante, e de xeito excepcional, as persoas que o día 12 non poidan entregar as mostras, disporán de puntos de referencias habilitados para depositalas: o Edificio Exeria do campus Lagoas Marcosende e a Escola de Enxeñaría Industrial de Torrecedeira en Vigo; a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no campus de Pontevedra e o Edificio de Ferro no campus de Ferro.

Son algo máis de 2800 as persoas, incluíndo o persoal de administración e servizos, o docente e investigador e todas as demais modalidades de contratos de investigación (de predoutoramento, con financiamento de Xunta de Galicia ou do Estado, etc.), que poderán realizar as probas fixadas para o vindeiros 10 e 11 de xaneiro.