DUVI

Diario da Universidade de Vigo

A actividade laboral e lectiva retomarase despois da Semana Santa, o luns 18

Peche de instalacións na UVigo entre o 11 e o 13 de abril 

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Institucional
DUVI 08/04/2022

Os centros, instalacións e dependencias da Universidade de Vigo permanecerán pechados entre o 11 de o 13 de abril, ambos incluídos, que terán, segundo a instrución de Xerencia que regula o peche de instalacións, “consideración dos tres días de vacacións de Semana Santa establecidos no artigo 26 do II Convenio colectivo do PAS laboral”. A actividade laboral e lectiva retomarase, finalizada a Semana Santa, o luns 18 de abril.

Todos os centros, instalacións e dependencias dos tres campus da UVigo, incluíndo os respectivos servizos, áreas e unidades de xestión, permanecerán pechados entre o luns 11 e o mércores 13 de abril, aínda que se establecen como excepcións, polo que permanecerán operativos, unha serie de servizos, unidades e áreas concretas, con efectivos necesarios para a prestación de servizos esencias. En concreto serán catro técnicos e unha persoa da Unidade de conserxería no Cacti; dous técnicos especialistas do animalario do Cinbio; tres técnicos da Ecimat; tres técnicos da Área de Tecnoloxías da Información e Comunicación e un técnico da Área de Benestar, Saúde e Deporte, para realizar os preparativos para a participación dos equipos da UVigo nos Campionatos de España Universitarios que se disputan este mes de abril. O persoal que deba prestar servizos esencias entre o 11 e o 13 de abril gozará, segundo se recolle na instrución de Xerencia que regula os peches de instalacións, de tres días noutro período, preferentemente na semana anterior ou posterior ao peche, condicionado ás necesidades do servizo.

Logo deste peche, os centros, instalacións e dependencias da UVigo volverán cerrar entre o 4 e o 19 de agosto, ambos incluídos