DUVI

Diario da Universidade de Vigo

No curso de iniciación á formación para a docencia universitaria

Pedro Membiela afirma que os docentes "debemos sentirnos orgullosos da nosa profesión"

Etiquetas
  • Vigo
  • Académica
Mª del Carmen Echevarría DUVI 22/11/2007
Tras tinta anos exercendo a docencia, o vicerreitor de Formación e Innovación Educativa, defendeu ante os asistentes ao curso de iniciación á formación para a docencia universitaria “o orgullo de ser profesor”.Pedro Membiela que asegurou que xa cando estudaba bacharelato quería ser profesor, definiu a docencia como “unha gran profesión, moi satisfactoria a nivel persoal e moi comprometida”.
Ante os asistentes ao curso o vicerreitor defendeu a personalización da docencia xa que considera “ás veces actuamos dun xeito impersoal cos alumnos, e si é importante ensinar ben, tamén é unha relación entre persoas”. Advirte ,sen embargo, o vicerreitor que “a personalización fai máis complicada unha profesión que traballa moito con perfiles e alumnos tipo”.

Cualificar e avaliar

Membiela incidiu na súa intervención na diferenza entre os conceptos de cualificar e avaliar, asegurando que mentres “a cualificación non é un gran instrumento educativo, a cualificación ten problemas que escapan do educativo, xa que non existe unha cualificación obxectiva”.
Neste sentido o vicerreitor puxo o acento na importancia da avaliación non só dos alumnos, se non, tamén como un exercicio que deben realizar os propios profesores para mellorar. “En educación ao contrario que ocorre noutros ámbitos, non hai una relación causal directa. Un profesor ou un alumno, traballa moito e sen embargo os resultados poden non ser bos, explicou Membiela que apuntou que a avaliación debe recoller moitos aspectos.

Formación dos docentes

O vicerreitor destacou a importancia da iniciativa posta en marcha pola Universidade de Vigo con este curso, xa que non existe unha formación específica para os docentes universitarios, algo que si existe no caso de niveles educativos inferiores, ben mediante os estudos de maxisterio ou do CAP no caso da docencia en secundaria.
Neste punto Membiela recordou a súa experiencia persoal. “Pensei que con saber de bioloxía xa estaba feito, pero a docencia vai máis alá. Por iso para dar clase é importante a formación”.