DUVI

Diario da Universidade de Vigo

XI Congreso Internacional sobre Envellecemento, Saúde e Actividade Física

Pontevedra convértese na capital europea do deporte na terceira idade

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Investigación
DUVI DUVI 19/10/2007

O Pazo da Cultura acolles estes días o XI Congreso Internacional sobre envellecemento, saúde e actividade física, onde presentaran os últimos avances científicos vinculados ao sector, promover a mellora da calidade de vida para as persoas maiores e debater sobre a proxección de futuro.
No acto de inauguración celebrado estes xoves, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, destacou a importancia “da promoción da actividade física e do deporte e o interese pola formación e investigación no sector do exercicio físico para persoas maiores”. Pola súa banda, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, sinalou a cidade de Pontevedra coma “un dos puntos de referencia de investigación en actividade física e saúde”. Ao acto de apertura asistiu tamén o decano da facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, José María Cancela.
Neste acto, a entidade colaboradora na organización, EGREPA (European Group for Research into Elderly and Physical Activity) estivo representada polo seu presidente, Heinz Mechling. Mechling apuntou a relevancia deste XI Congreso Internacional de Envellecemento, Actividade Física e Saúde, “un acto cunha grande proxección internacional e que o vindeiro ano celebrarase en Suíza”. A súa vez, salientou o encomiable labor dos grupos de investigación da facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do campus de Pontevedra, os cales investigan as posibilidades existentes para o futuro das persoas maiores e traballan a eito para lograr innovar e presentar novos avances no sector.
Unhas xornadas nas que profesionais e estudantes de educación física, psicoloxía e fisioterapia entre outras poderán compartir coñecementos e sabedoría das expertas palabras dos conferenciantes.