DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Núñez Feijóo recibiu a Manuel Reigosa en Santiago 

Primeiro encontro institucional entre o presidente da Xunta e o reitor da Universidade de Vigo

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Reitor
  • Institucional
DUVI 29/01/2019

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu esta mañá ao reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, no seu despacho en Santiago de Compostela. No primeiro encontro celebrado despois da elección de Reigosa como responsable da institución académica viguesa, o titular do goberno galego e o reitor abordaron cuestións de interese e proxectos comúns nos que están a traballar ambas institucións.

O presidente da Xunta asistira o pasado mes de xuño no campus de Vigo ao acto de toma de posesión de Reigosa como novo reitor da Universidade e tamén participara días despois no campus de Ourense nun acto de graduación celebrado na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo. Non obstante, non foi ata hoxe que se produciu o primeiro encontro entre ambos os dous responsables institucionais.