DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O manual foi presentado esta semana en Madrid

Profesorado do campus, recoñecido pola súa participación na publicación 'Conocimiento Turístico'

Trátase dunha iniciativa froito da colaboración entre o sector empresarial e académico

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Publicacións
  • Investigación
DUVI Ourense 21/01/2026

Este martes presentouse en Madrid, no auditorio da Real Casa de la Moneda, o manual de divulgación científica Conocimiento Turístico. Trátase dunha iniciativa froito da colaboración entre “as principais empresas e facultades de turismo de España” na que profesorado do campus de Ourense ten un peso destacado, realizando tres dos seus capítulos. Pola súa achega, no lanzamento da obra foron galardoados xunto aos demais autores e coordinadores coa medalla Conocimiento Turístico.

O libro, editado como una edición especial de Nexotur, plataforma dixital de información turística, preséntase como “unha obra elaborada a nivel nacional por expertos do sector, sendo iniciativa da creación da futura Real Academia Hispánica de Turismo”. Nela analízanse os diferentes ámbitos e campos do coñecemento turístico. No caso da Universidade de Vigo, participou maiormente profesorado da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense. Concretamente, a profesora Noelia Araújo coordinou o capítulo centrado no deseño de produto, sendo coautores os profesores José Antonio Fraiz e Diego Rodríguez Toubes e Emilio Cuíñas, da empresa Autoxiro Turismo. Tamén José Antonio Fraiz coordinou un capítulo sobre turismo termal, no que participaron Noelia Araújo e Diego R. Toubes e Dolores Fernández, directora médica do Grupo Caldaria Hoteis e Balnearios. Por último, Montserrat Cruz coordinou o apartado de Gastronomía e Restauración, sendo coautores Vanessa Suárez, Javier Sánchez e o chef Miquel González.