DUVI

Diario da Universidade de Vigo

3ª edición do premio FECYT de ensaio Esteban de Terreros

En prol da creación de obras en español no ámbito da cultura científica e tecnolóxica

Ten unha dotación económica de 10.000 euros

Etiquetas
  • Vigo
  • Investigación
Mº del Carmen Echevarría DUVI 23/11/2007

Co obxectivo de promover a creación de difusión de obras de calidade escritas en español no ámbito da cultura científica e tecnolóxica, convocouse a 3ª edición do premio de ensaio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, FECYT, Esteban de Terrreros.
10.000 euros é a dotación económica do galardón que ten carácter panhispánico e está dirixido a autores que utilizan o español como lingua de expresión en ciencia e tecnoloxía. As obras presentadas poderán inscribirse en calquera área de coñecemento e terán que ser orixinais e inéditas, compatibilizando o rigor científico e a claridade expositiva coa pretensión de chegar a un público amplo. Os textos deberán pertencer á modalidade de ensaio e seguir unha liña divulgativa e non especializada.
Representantes internacionais da cultura científica, integrarán o xurado deste galardón que tamén contempla a publicación do texto gañador por unha prestixiosa editorial.
O prazo para a recepción da documentación remata o 17 de marzo de 2008 e terá que realizarse na FECYT (C/ Rosario Pino, 14-16, 28020, Madrid).

Homenaxe a Esteban de Terreros

O galardón promovido pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, FECYT, leva o nome do autor do primeiro gran dicionario de ciencias en lingua española publicado no século XVIII. A Fundación homenaxea deste xeito a Esteban de Terreros y Pando, pola súa extraordinaria labor no ámbito da lexicografía especializada e a tradución científica, así como polos esforzos realizados para dotar á lingua española dunha terminoloxía científica propia.

As bases da convocatoria poden consultarse en www.estebandeterreros.fecyt.es.