DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Dentro do ciclo "Política na Educación"

Representantes do PP, PSOE e BNG exporán os seus programas en materia de formación

Será o 3, 4 e 5 de marzo na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Cultura
Romina Vázquez DUVI 29/02/2008

Domingo Tabuyo, Iria Aboi e Ana Pastor, tres candidatos ás Cortes pola provincia de Pontevedra, son os invitados a participar nas xornadas Política na Educación, organizadas dende a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. O obxectivo deste ciclo de conferencias é dar a coñecer ao alumnado os programas que os principais partidos da nosa comunidade propoñen en materia de educación para a próxima lexislatura.
O número tres nas listas do PSOE de Pontevedra para o Congreso, Domingo Tabuyos, será o encargado de ofrecer o relatorio inaugural o vindeiro luns ás 17.00 horas. O político socialista será presentado por Jesús Hernández, vicerreitor do Campus de Pontevedra.
Na tarde do martes tócalle a quenda a Iria Aboi, primeira candidata do BNG ao Senado, que estará acompañada polo decano do centro, Alberto Pena. Por último, e para rematar o ciclo, Ana Pastor, primeira candidata do PP ao Congreso en Pontevedra, exporá o programa do seu partido o mércores ás 17.00 horas, contando tamén coa presenza de Alberto Pena. O salón de graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación é o lugar elixido para as intervencións destas dúas representantes políticas.